O seísmo, rexistrado na rexión central dos Abruzos, alcanzou unha magnitude de 6,3 na escala Ritcher.- Os corpos de rescate buscan superviventes baixo os escombros.- Hay 1500 feridos e unhas 50000 persoas perden as súas casas.
Despois do peor seísmo rexistrado en Italia nas últimas décadas, os equipos de salvamento levantaron tendas de campaña para resgardar aos centos de damnificados que perderon practicamente todo e para quenes temen regresar ás súas casas polas réplicas que se sentiron ao longo do día. As tarefas de rescate víronse ademais entorpecidas por unha choiva persistente que obrigou a moitos evacuados a resgardarse nos seus coches ou nas tendas de campaña que se instalaron en dous centros deportivos.
O epicentro do seísmo, que se poido sentir en Roma, rexistrouse en torno ás 3.3o horas do luns 6 de abril a 5 km de profundidade nun punto moi cercano á localidade de L´Aquila, cidade medieval levantada no século XIII que é a capital dos Abruzos e o lugar máis afectado polos temblores.
Segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos, o terremoto alcanzou unha magnitude de 6,3 na escala Ritcher, mentres que os datos ofrecidos pola Protección civil italiana falan, en cambio, dunha magnitude de 5,8. Outras fontes elevan este número a 6,7.
GRANDES TERREMOTOS EN ITALIA NO S.XX:
- 28 de decembro de 1908- Máis de 82000 persoas morreron nun terremoto de magnitude 7,2 en Messina (Sicilia).
- 13 de xuño de 1915-Unhas 32000 persoas faleceron cando un seísmo de magnitude 7 sacodeu Avezzazo.
- 23 de novembro de 1980- Outro terremoto, dunha magnitude 6,5 causou 2750 mortos e 7500 feridos nas cercanías de Nápoles, aínda que o epicentro foi localizado en Eboli.
- 31 de outubro de 2002- Un forte seísmo en Campobasso, ao sur de Italia, acabou coa vida de 30 persoas, a maioría nenos.
- 11 de abril de 2003- O último deixouse notar ao norte do país, onde temblaron edificios de Milán e Turín. Moitas vivendas e colexios foron evacuados.
¿Pódese predecir un terremoto?
A polémica saltou en Italia tras sair á luz que un científico predeciu, supostamente, o terremoto que sacodeu o centro de Italia, pero as autoridades de propagar o pánico.
Os primeiros temblores na rexión sentíronse a mediados de xaneiro e continuaron a intervalos regulares. Ao parecer, algunhas caravanas con altavoces recorreron L´Aquila fai un mes para intentar que a poboación abandoase as súas casas despois de que Giacchina Giuliani, sismólogo do Instituto Nacional de Astrofísica, predecira que se aproximaba un gran terremoto. O Goberno italiano insistiu en que a predicción do sismólogo non tiña fundamento científico.
Giuliani, que basou a súa predicción nas concentraccións de gas radón, foi denunciado á policía por «estender a alarma» e obrigado a retirar as súas prediccións da rede.
Fonte: «El País», luns, 13 de abril de 2009.